novas

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo organiza un acto polo 40.º aniversario da folga xeral de 1972, no que colabora a Fundación 10 de Marzo

[ 14-03-2013 ]

A folga xeral de setembro de 1972 marcou un fito no movemento obreiro galego, pois produciuse só medio ano despois de que en Ferrol foran asasinados Amador Rey e Daniel Niebla a disparos da policía franquista. As mobilizacións comezaron con reivindicacións do persoal de Citroën, que axiña sumaron a solidariedade de todo o movemento obreiro vigués

+ Ver máis información

“A Pegada dos Avós”: unha película documental que aborda a memoria histórica dende un punto de vista moi pouco tratado

[ 14-03-2013 ]

Un grupo de rapaces percorren, 75 anos despois, un particular camiño tratando de investigar a historia da xeración que viviu o golpe do 36. Elas e eles, en primeira persona, terán que se enfrontar á dureza dos seus descubrimentos e explicar as implicacións que poda ter esta decisión nas suas vidas.

+ Ver máis información

8 de Marzo. Día Internacional da Muller

[ 08-03-2013 ]

A Fundación 10 de Marzo únese á conmemoración de tal data, mostrando o boletín completo nº 2 febreiro-marzo do ano 1971 de "A muller e a loita", editado na clandestinidade polo Movemento Democrático de Mulleres de Vigo.

+ Ver máis información

Entrega dos Premios 10 de Marzo con motivo da conmemoración do Día da Clase Obreira Galega

[ 05-03-2013 ]

Con motivo da conmemoración do Día da Clase Obreira Galega , o próximo sábado, día 9, entregaranse en Santiago de Compostela os Premios 10 de Marzo, que este ano recibirán o sindicalista José Luis Paz Pena, o economista Xaquín Álvarez Corbacho e Xan María Castro Paz,ex-secretario xeral de CCOO de Galicia.

+ Ver máis información

Exposición "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)"

[ 05-03-2013 ]

Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durate ós últimos quince anos da ditadura franquista (1961 -1975).

+ Ver máis información

Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36 - 37 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55




Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es