novas

Inaguración da exposición

[ 13-12-2013 ]

O vindeiro venres, 13 de decembro, ás 19:00 horas, presentarase na Sede de Turismo Rías Baixas (praza de Santa María, s/n) a exposición Un canto e unha luza na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975).

No acto estarán presentes o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

+ Ver máis información

Libro

[ 11-12-2013 ]

Con motivo da homenaxe a Anxo Guerreiro, Geluco, o pasado mes de novembro na Coruña, a Fundación 10 de Marzo publicou un libro que recolle, entre outros, parte dos artigos que Guerreiro escribiu para El País entre 2008 e 2012.

+ Ver máis información

VIII Encontro Internacional de Investigadores sobre o Franquismo

[ 21-11-2013 ]

Será os días 21 e 22 de novembro en Barcelona, no Pati Manning (Centre d´Estudis i Recursos Culturals- Diputació de Barcelona).

+ Ver máis información

CCOO, a Fundación 10 de Marzo e Namestres organizan unha homenaxe a Anxo Guerreiro

[ 18-10-2013 ]

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, A Fundación 10 de Marzo e a asociación Namentres organizan unha homenaxe a Anxo Guerreiro Carreiras, Geluco, falecido este verán.

+ Ver máis información

Inaguración da exposición

[ 03-10-2013 ]

O vindeiro xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, presentarase no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal a exposición Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925-1975).

No acto intervirán Cristina Huete, xornalista de El País; Daniel Lanero Táboas, profesor da USC e investigador principal do proxecto “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)”, e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Asociación Cultural Sine Nomine.

A mostra, deseñada con criterios didácticos, é o resultado da colaboración entre o equipo do proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960-1982)”, dirixido polo profesor Daniel Lanero Táboas, da USC, a Asociación Sine Nomine, de profesores/as de ensino secundario, e a Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.

+ Ver máis información

Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36 - 37 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55




Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es