novas

Placa en Lavacolla en conmemoración dos presos republicanos que estiveron confinados no campo de concentración.

[ 01-01-2009 ]

Día 20 de maio, sábado.  Foi colocada unha placa en Lavacolla en conmemoración dos presos republicanos que estiveron confinados no campo de concentración. Este acto foi patrocinado polo Concello de Santiago e a Fundación 10 de Marzo.

+ Ver máis información

Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista

[ 01-01-2009 ]

Día 16 de Abril. Editado pola Fundación 10 de Marzo, en colaboración co Colectivo Republicano de Redondela, o pasado 16 de abril presentouse na Illa de San Simón o volume de memorias de Manuel Barros titulado "Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista"

+ Ver máis información

O Financiamento do sistema Sanitario

[ 01-01-2009 ]

Día 5 de abril, no Salón de Actos do Edificio Simeón de Ourense, celebrouse a Xornada sobre O Financiamento do Sistema Sanitario organizada pola Fundación 10 de Marzo.

+ Ver máis información

Galería Sargadelos de Santiago de Compostela

[ 01-01-2009 ]

Día 23 de marzo, Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. Roberto Blanco Valdés e Anxo Guerreiro conversaron sobre o libro "Nacionalidades históricas y regiones sin historia. A propósito de una obsesión rutinaria", do que é autor o profesor Roberto Blanco.

+ Ver máis información

Día da Clase Obreira Galega

[ 01-01-2009 ]

Día 11 de marzo. Con motivo do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, o sábado 11 de marzo celebrouse a xa tradicional comida-homenaxe ás persoas cunha traxectoria relevante na historia da defensa das liberdades e dos dereitos da clase traballadora.

 

Nesta ocasión, as persoas que recibiron a homenaxe foron:

Carmen Rial

Benedicto García Villar

Ezequiel Castañeda Álvarez

Ramón Tobar Illade (in memoriam)

Marcos González Oliveira (in memoriam)

Anselmo Sampedro Ania (in memoriam)

+ Ver máis información

Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36 - 37 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55 - 56 - 57




Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es