novas

Vida cotiá no segundo franquismo

[ 01-01-2009 ]

Nova exposición didáctica "Vida cotiá no segundo franquismo".

+ Ver máis información

Políticas archivísticas para la defensa de los derechos humanos. Antonio González Quintana.

[ 01-01-2009 ]

É nas transicións políticas cando os arquivos cobran un protagonismo superior en relación coa defensa dos dereitos humanos, porque están intimamente ligados coas políticas de xestión do pasado traumático que han de afrontar os novos réximes democráticos.

+ Ver máis información

I Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

[ 01-01-2009 ]

Os días 2, 3 e 4 de xuño de 1978 tivo lugar o congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

Moito antes, Comisións Obreiras nacera como movemento sociopolítico, defensor dos intereses dos traballadores e traballadoras, da loita polas liberdades e contra a ditadura, cunha actividade intensa e arriscada nos centros de traballo.

O 10 de Marzo de 1972, dous militantes de CCOO traballadores da empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, foron asasinados pola policía da ditadura franquista cando se manifestaban polos seus dereitos. Este feito levounos a acordar, naquel Primeiro Congreso, que o 10 de Marzo fose o Día da Clase Obreira Galega, data aceptada posteriormente por outras organizacións e entidades, mesmo polo Parlamento galego no ano 2006.

Polo tanto, xa na época do franquismo andabamos na loita polos dereitos dos traballadores e polas liberdades. 

En 1978 coidamos necesario constituírmonos como Sindicato Nacional de CCOO Galicia para seguir defendendo os intereses nacionais e de clase.

Estamos e seguiremos estando á beira dos traballadores, defendendo os seus dereitos, as súas liberdades, o cumprimento das leis e a superación das desigualdades.

Os retos que temos na actualidade son grandes, a actual crise económica non pode facer retroceder nos dereitos; pola contra, temos que consolidalos e amplialos no mundo desenvolvido e contribuír a conquistalos en países onde carecen totalmente deles e onde ser sindicalista pode supoñer a cadea ou a morte.

Nas vosas mans tedes un pequeno facsímile do máis salientable que aconteceu nese congreso fundacional do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Lembramos, coa celebración deste 30 aniversario, a nosa historia, que foi conflitiva e dolorosa, pero tamén honrosa e satisfactoria.

+ Ver máis información

CICLO DE CINE E HISTORIA

[ 01-01-2009 ]

A Fundación 10 de Marzo, coa Asociación Cultural Sine Nomine e mais con Nova Escola Galega, na organización do curso de formación do profesorado titulado "Ciclo de cine e historia. Exercicios laicos", que se celebrou en Santiago de Compostela ao longo dos meses de xaneiro a febreiro de 2009.

+ Ver máis información

VII ENCUENTRO DE INVESTIGADORES SOBRE EL FRANQUISMO

[ 01-01-2009 ]

A Fundación 10 de Marzo, en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela e a Red de Archivos Históricos de CCOO, organizou o VII Encuentro de Investigadores sobre el franquismo. O evento tivo lugar os días 11, 12 e 13 de novembro de 2009.

www.investigadoresfranquismo.com

+ Ver máis información

Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36 - 37 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55 - 56 - 57 - 58 - 59




Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es