[ 29-07-2011 ]
Entre os vindeiros 8 e 10 de setembro, celebrarase no Recinto Feiral “Terra do Queixo” (Multiusos) do Concello de Arzúa (A Coruña) o Curso de Verán: Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 – 1986), organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela e polo Grupo de Investigación HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX.
Este Curso de Verán conta tamén coa colaboración do Excmo. Concello de Arzúa, do Proxecto de Investigación: Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios… e da Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.

V Ciclo Cine e Historia - En Transición
[ 23-06-2011 ]
A Fundación 10 de Marzo, en colaboración coas entidades organizadoras (Asociación Cultural Sine Nomine e Nova Escola Galega), convoca o V ciclo Cine e Historia "En Transición", que se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) nos meses de outubro e novembro de 2011.
Día Internacional dos Arquivos
[ 08-06-2011 ]
Con motivo do día Internacional dos Arquivos (09/06/2011) a Fundación 10 de Marzo pon a disposición de todos vostedes o fondo persoal de Santiago Álvarez para consultar.
Para consultar o fondo persoal de Santiago Álvarez prema aqui

Actas VII Encuentro de Investigadores sobre el Franquismo
[ 21-05-2011 ]
La Fundación 10 de Marzo publica las actas del VII Encuentro de Investigadores sobre el Franquismo.
[ 30-04-2011 ]
A FUNDACIÓN 10 DE MARZO presenta o libro Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido, de Francisco Martínez López, Quico. O autor estará acompañado de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Fundación 10 de Marzo. O acto terá lugar ás 19.00 h. do martes 3 de maio na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6; Santiago de Compostela).
Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36
© 2012 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es