novas

Os exemplares da revista

[ 04-03-2013 ]

Xa temos dispoñibles na nosa web os exemplares da revista "Novagalicia. Revista de Cultura e Política" dende 1966 a 1978

+ Ver máis información

Inaguración da exposición

[ 27-02-2013 ]

A Fundación 10 de Marzo comprácese en convidar a vostede a visitar a exposición "Un canto e unha luz na noite" que inaguramos na Fundación Luis Seoane o 28 de febreiro, as 20:00 horas.

+ Ver máis información

A exposición Santiago Álvarez Comunista...inagurase o 24 de xaneiro na Biblioteca Anxel Casal (Santiago de Compostela)

[ 22-01-2013 ]

A exposición Santiago Álvarez comunista... atoparase nas instalacións da Biblioteca Anxel Casal do 24 de xaneiro ao 21 de febreiro, nun horario continuado de 8:30 a 21 horas, de luns a venres , e de 10:00 a 14:00 os sábados.

+ Ver máis información

Biografías Obreiras de Ferrol. Volume II

[ 01-01-2013 ]

Coa publicación deste segundo volume, ofrecemos os testemuños de corenta e un homes e mulleres entrevistados (algúns xa falecidos) que, nun contexto adverso como foi a ditadura franquista, souberon estar á altura das circunstancias e da historia: rebeláronse contra o totalitarismo e esixiron o seu lexítimo dereito ás liberdades, rompendo o silencio e as normas de obediencia e submisión que prevalecían para a maioría da ciudadanía. Dicía o liberador de América, José de San Martín: "Fai máis ruído un só home berrando que cen mil que están calados"; e nesta comarca, as persoas que protagonizan este volume non calaron, fixeron posible cos seus actos o tránsito dunha ditadura a unha democracia, conquistáronna ao longo de moitos anos de loitas e esforzos, con suor, tenacidade e firmeza, ata alcanzaren os dereitos universais que enmarcan o chamado estado de benestar.

+ Ver máis información

Conmemoración dos 50 anos do Galo

[ 12-11-2012 ]

Esta exposición ten como obxecto conmemorar os cincuenta anos do nacemento dunha asociación cultural, O Galo, a primeira que aparece en Galicia desde a guerra civil. O contido desta modesta mostra vaise referir aos seus dez primeiros anos de andadura; ao que se pode considerar itinerario inicial deste grupo de de acción cultural «difusa», naquela produtiva e apaixonante década.

+ Ver máis información

Páxina: 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16 - 17 - 18 - 19 - 20 - 21 - 22 - 23 - 24 - 25 - 26 - 27 - 28 - 29 - 30 - 31 - 32 - 33 - 34 - 35 - 36 - 37 - 38 - 39 - 40 - 41 - 42 - 43 - 44 - 45 - 46 - 47 - 48 - 49 - 50 - 51 - 52 - 53 - 54 - 55




Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es