José Gomez Alén. As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Ediciós Xerais, 1995.

01/01/1970  

A oposición á dictadura franquista que se manifestou en Galicia con maior intensidade foi a da clase obreira. Esta actitude xeneralizouse a partir do momento en que as necesidades productivas obrigaron á dictadura a introducir cambios nas organizacións do traballo e no marco de relacións laborais. Por primeira vez na nosa Historia, os traballadores tiveron que facer fronte á negociación de convenios colectivos; fixérono sen liberdades nin dereitos sindicais e mediatizados polo Sindicato Vertical.

Para afrontar a nova situación, a clase obreira tivo que dotarse dun instrumento organizativo que lle permitise encarar os cambios nas relacións laborais. O que comenzou en pequenos grupos de traballadores nas grandes factorías, rematou por se esparexer a tódalas empresas de Galicia de certa importancia, ó lograrse unha coincidencia de loita e oposición cada vez máis amplia.

O presente volume, no que se utiliza unha grande variedade de fontes documentais primarias, tenta recuperar a memoria histórica daqueles homes e mulleres que aportaron o seu compromiso individual á construcción dun proxecto colectivo que servise como instrumento de loita socio-laboral para o conxunto dos traballadores.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es