El fínal de la dictadura

01/01/2009  

PRESENTACIÓN DO LIBRO El fínal de la dictadura. La conquista de la democracia (noviembre de 1975 junio de 1977), de Nicolás Sartorius e Alberto Sabio.

Mércores, 10 de outubro de 2007, ás 19 horas na Fundación Caixa Galicia. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.

INTERVIRAN: Nicolás Sartorius, Anxo Guerreiro Carreiras e Víctor Manuel Santidrián Arias (Fundación 10 de Marzo).

«La democracia no se regaló, se peleó en la calle (al menos por bastantes)». É esta unha auténtica declaración de intencións dos autores de El final de la dictadura, wm libro no que Nicolás Sartorius e Alberto Sabio analizan o período que abrangue dende a morte do ditador ata a celebración das primeiras eleccións democráticas; período no que, fronte a interpretacións elitistas, Sartorius e Sabio móstranse «Partidarios de enfatizar la iniciativa de cambio por abajo, con el movimiento obre­ro ejerciendo de ariete».
Os autores non buscan responsabilidades penáis nin políticas, senón «situar en la historia los acontecimientos y las actuaciones de cada uno». A fin de contas, «la virtud política de la reconciliación» foi un dos «logros indudables de los protago­nistas de la Transición».
Sen dúbida ningunha, El final de la dictadura é unha das mellores análises daqueles meses que cambiaron España. En palabras do profesor Josep Fontana, este libro «es uno de los mejores para mi pisto el mejor-de cuantos se han publicado acerca de la llamada "transición"».
Nicolás Sartoius é avogado; fundador de Comisiones Obreras e membro dos seus órganos de dirección dende os tempos da clandestinidade, cando coñeceu as pri-sións franquistas. Na actualidade é vicepresidente da Fundación Alternativas. En­tre as súas obras destaca, en colaboración con Javier Alfaya, Ea memoria insumisa: sobre la dictadura de Franco.
Alberto Sabio é profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Zaragoza. Premio extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Dos seus libros destacan Eos mercados informales de crédito y tierra en una comunidad rural e Tierra comunal y capitalismo agrario en Aragón (1830-1935).







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es