Reunión anual da Rede de Arquivos e Investigadores da Escritura Popular

01/01/2009  

Os días 16 e 17 de novembro de 2007 celebrouse a reunión anual da Rede de Arquivos e Investigadores da Escritura Popular na Facultade de Humanidades, Comunicación e Documentación da Universidad Carlos III de Madrid (Campus de Getafe). A reunión foi lugar de encontro científico onde se deron a coñecer as novas liñas de investigación que se están a desenvolver arredor dos documentos persoais.

O profesor James S. Amelang, da Universidad Autónoma de Madrid, deu unha conferencia sobre a autobiografía popular na Idade Moderna. Pola súa banda, a profesora Anna Caballé, da Universitat de Barcelona, ofreceu unha charla sobre os diarios na cultura española. Houbo, a seguir, unha mesa redonda sobre Registro y memorias de lo cotidiano, na que participaron varios membros da RedAIEP, entre eles a Fundación 10 de Marzo. O sábado 17 pola mañá tivo lugar a reunión anual desta rede á que pertence á Fundación 10 de Marzo dende novembro de 2006.

A xuntanza anual da RedAEIP correspondente a 2008 celebrarase en Santiago de Compostela, cidade na que a Fundación 10 de Marzo presentará no primeiro semestre dese ano a mostra Fármacos de la escritura, producida pola RedAIEP.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es