Liñas de traballo da Fundación 10 de Marzo para 2008

01/01/2009  

A Fundación 10 de Marzo continuará coas liñas de traballo iniciadas nos anos anteriores. A Área de Estudos Socioeconómicos profundizará no seu labor de organización de xornadas de debate ao redor de temas de actualidade. Ao mesmo tempo, editará as ponencias presentadas en xornadas anteriores.
O arquivo debe recibir unha especial atención co obxectivo de conseguir a contratación dun profesional de arquivos que impulse os labores de inventariado e catalogación, así como a edición de instrumentos de descrición. Proseguiremos na búsqueda de novos materiais entre os que destacamos a doazón do arquivo particular de Santiago Álvarez, que será presentado nun acto público.
            O fondo de fontes orais continuará enriquecéndose grazas ao labor de Antonio Blanco. Ao mesmo tempo se farán novas entrevistas relacionadas conproxecto de recuperación da memoria do Movemento Democrático de Mulleres.
            Ao longo de 2008 perfilarase a organización dos VII Encuentros de Historiadores del franquismo, que organizados en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, se celebrará no primeiro semestre de 2009. Eses encontros, nacen dunha iniciativa da Red de Archivos históricos de CCOO, coa que se celebrarán as reunións habituais. A Fundación tamén estará presente na reunión anual da Red de Investigadores y Archivos de la Memoria Popular (Santiago de Compostela, outubro de 2008).
No terreo das exposicións, a Fundación 10 de Marzo enviará a todos os centros que as soliciten as exposicións de producción propia. Neste eido, a novidade máis salientable será a inauguración o 28 de febreiro da mostra Do Gaudeamus igitur ao Venceremos nos. As movilicacións estudiantís do 68 en Compostela. O proxecto, no que ven traballando Ricardo Gurriarán dende 2006, vai acompañado de varios actos e, ao final de ano, da conmemoración do corenta aniversario do nacemento de Voces Ceibes.
Por terceiro ano consecutivo, a Fundación 10 de Marzo colabora coa Asociación Cultural Sine Nómine Nova Escola Galega na organización dun curso de formación do profesorado que nesta ocasión se titulará «A guerra continúa». Desenvolverase en Santiago de Compostela ao longo dos meses de xaneiro-febreiro.
No apartado relacionado coas publicacións, ao longo de 2008 presentaremos os libros editados en 2007 e procederemos á publicar novos títulos como a Homenaxe a Manuel Amor Deus, que inclúe unha ampla semblanza biográfica do que foi primeiro secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia; da man de Rebeca Martínez e Ángel Rodríguez Gallardo editaremos o Epistolario de Enriqueta Otero e aparecerá unha nova achega da revista Dezeme. É a nosa intención enviar unha nova Circular informativa no mes de setembro.
            Cómpre mellorar a web da Fundación. Dentro dela se vai incluír un amplo apartado dedicado ao 10 de Marzo de 1972, labor que será desenvolvida por José Gómez Alén.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es