A Fundación 10 de Marzo publica o libro Fernando Hoyos

01/01/2009  

A Fundación 10 de Marzo publica o libro Fernando Hoyos. Na memoria do pobo. En la memoria del pueblo

Na memoria do pobo. En la memoria del pueblo é un libro homenaxe ao xesuíta vigués Fernando Hoyos (1943-1982), que morreu combatendo coa guerrilla guatemalteca. Como escribe Eduardo Galeano neste volume, “Hombres y mujeres como Fernando Hoyos nos enseñan, en cambio, desde su casi silencio, desde sus vidas casi anónimas, que las relaciones de compraventa no son los únicos vínculos posibles entre los países y las gentes”.

No libro, do que son coordinadores e autores Pilar Hoyos de Asig, Antonio Blanco Carballo e Enrique Corral Alonso, colaboran escritores das dúas beiras do Atlántico: Xosé Neira Vilas, Jesús Bengoechea Cermeño, Eduardo Rolland, Carmen Becerra, Juan Hernández Pico, Anxo Currás,  Omar Contreras, Yolanda Díaz, Vicente Araguas,  Antón Martínez Aneiros, Marilar Aleixandre, Ricardo Falla, Camilo Nogueira, Xesús Alonso Montero e Eduardo Galeano.

O libro é unha colaboración da Fundación 10 de Marzo cos Concellos de Narón, Viveiro, Ferrol, Fene, Lugo, Oleiros e a Fundación Guillermo Toriello, de Guatemala, país ao que está destinada unha parte da edición”.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es