Novedad editorial: a Fundación 10 de Marzo edita un libro sobre Anxo Guerreiro

01/01/2009  

A Fundación 10 de Marzo promoveu o 14 de abril de 2007 unha homenaxe a Anxo Guerreiro Carreiras. Resultado daquel acto foi a edición dun DVD que recollía as imaxes e as intervencións das persoas que tomaron a palabra no Teatro Principal de Santiago.
Para facer realidade o compromiso que adquiriu naquel acto, a Fundación 10 de Marzo, en colaboración coa Consellería de Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza da  Xunta de Galicia, ven de publicar un libro sobre a figura de Anxo Guerreiro. O volume inclúe, ademais dun importante aparato gráfico (documentos e fotografias, moitas delas cedidas por Xosé Abad), unha semblanza do homenaxeado, unha escolma das súas intervencións parlamentarias e cincoenta dos seus artigos recollidos de La Voz de Galicia.
O libro pode ser solicitado á Fundación 10 de Marzo.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es