Ángel Rodríguez Gallardo. Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Concello de Lugo, 2005, 235 pp.

01/01/1970  

Recuperar a memoria histórica negada formúlanos unha esixencia ineludible: o estudo das figuras que comprometeron a súa vida na loita por unha sociedade máis xusta.

Rescatar a peripecia deses homes e mulleres, as súas luces e sombras no difícil contexto que lles tocou vivir, significa poñerlle rostro humano á nosa Historia recente.

Valéndose do rigor do historiador e do pulso do literato, o profesor Ángel Rodríguez Gallardo mergúllase na apaixoante vida da guerrilleira Enriqueta Otero Blanco: comunista, clandestina, represaliada e, por riba de todo, utópica. Unha muller que deixou a súa pegada no difícil camiño de España cara á democracia.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es