O Sal da Terra. Unha historia do sindicalismo galego. Vídeo

01/01/1970  

O Sal da Terra é uhna serie documental sobre a historia do sindicalismo galego en seis capítulos de 26 minutos cada un.

A historia dos homes e mulleres das fábricas, do campo e do mar é a columna vertebral dun país. Durante moitos anos, a vida e os acontecementos que debuxan a traxectoria da clase obreira galega estiveron sometidos ao silencio da cultura oficial e de moitos historiadores.

Imos contar feitos de loita, de heroísmo e progreso. Os protagonistas desta narración son só obreiros, campesiños, mariñeiros, os homes e mulleres de Galicia.

O Sal da Terra é unha reivindicación da súa dignidade e do sentido solidario dos seus actos.

Dirección: Valentín Carrera
Producción: Inmaculada Castaño e Antonio Costa Valente
Guión: Antonio Lodeiro, Luis Liste e Valentín Carrera
Narración: Gonzalo Fajilde
Coplas populares: Sergio Cobos
Presentación: Uxía Blanco

É unha produción de Ibisa Televisión S. L., co apoio do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, UGT-Galicia, Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e Televisión de Galicia.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es