Betanzos honra a sus mártires, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Consello da Cultura Galega-Concello de Betanzos, 2001. Edición ó coidado de Víctor Manuel Santidrián Arias.

01/01/2001  

Reproducción facsimilar dun folleto editado polo Centro Betanzos de Buenos Aires en 1958, que recolle o relato da represión provocada polos sublevados na comarca de Betanzos despois do 18 de xullo de 1936.
Esta edición apareceu no marco do Congreso O Exilio Galego, celebrado en Santiago de Compostela en setembro de 2001. É unha coedición entre o Consello da Cultura Galega, o Concello de Betanzos e maila Fundación 10 de Marzo.

ÍNDICE

-Un feito inesquecible, Andrés Beade Dopico

-O Centro Betanzos en Buenos Aires e os mártires, Xesús Alonso Montero

-Represión en Betanzos, exilio na Arxentina, Víctor Manuel Santidrián Arias

-Edición facsimilar







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es