El proceso de los 23: un proceso contra el pueblo de Galicia. Edición facsimilar, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Unión comarcal de CC.OO. de Ferrol-Universidade de A Coruña, 2005.

01/01/2005  

Ditadura franquista e oposición antifranquista son dúas realidades inseparables dende o 18 de xullo de 1936 ata a recuperación da democracia. Co alzamento militar principiou unha longuísima ditadura que fixo da represión da disidencia un das trazas da súa identidade. Nese marco é no que se insiren os sucesos do 10 de Marzo de 1972. A represión xudicial, tanto a través do famoso TOP, o Tribunal de Orde Pública, como a través dos consellos de guerra, foi a resposta da ditadura a medio prazo. É aquí onde hai que situar o proceso dos 23, que dá pé a esta publicación. A vista oral do sumario 489/72 comezou en Madrid en xullo de 1975; cúmprense agora, xa que logo, trinta anos.

Reprodúcese nesta publicación en forma facsimilar o folleto El proceso de los 23: Un proceso contra el pueblo de Galicia.

A ilustración da capa é do artista ferrolán Juan Veiga.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es