A TVG2 emite este martes 9 de marzo ás 23:30 hs a longametraxe documental "VIGO 1972"

08/03/2021  

A TVG2 emite este martes 9 de marzo ás 23:30 hs a longametraxe documental "VIGO 1972" do que a Fundación 10 de Marzo somos entidade colaboradora. Producido por Arthur Gordon e con dirección de Roi Cagiao "VIGO 1972" reconstrúe a través de entrevistas, materiais de arquivo e dramatizacións a que foi a maior folga da historia de Galicia. Durante dúas semanas máis de trinta mil traballadores da bisbarra de Vigo foron que de manter un movemento folguístico que puxo en xaque ao franquismo situou a Galicia á vangarda da loita contra a ditadura. O filme, tras un exitoso paso polas salas de cine galegas resultou finalista na categoría de Mellor documental dos premios Mestre Mateo 201 e incluído na programación oficial de Cineuropa 2017. TRAILER: https://www.youtube.com/watch?v=TGnr3Dr4H64&t=57s TEASER: https://www.youtube.com/watch?v=nswOjEOi7RQ&t=38s PÁXINA FACEBOOK: https://www.facebook.com/vigo1972







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es