O vindeiro xoves 5 de decembro chega a salas Numax de todo o Estado Longa noite, a nova longametraxe do cineasta lugués Eloy Enciso

29/11/2019  

O vindeiro xoves 5 de decembro chega a salas de todo o Estado Longa noite, a nova longametraxe do cineasta lugués Eloy Enciso (Meira, 1975), tras un exitoso percorrido por festivais internacionais como Locarno (Premio Mellor Dirección da Crítica Especializada), Toronto, Nova York, Sevilla ou Mar del Plata (Mención Especial do Xurado).

Longa noite aborda un período doloroso da nosa historia recente seguindo unha das premisas máis insólitas vistas no cinema español. Toma prestado o título do poemario seminal da gran figura lírica da posguerra en Galicia, Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra), para emprender unha viaxe en primeira persoa pola posguerra e a ditadura franquistas. Para nos relatar como a ideoloxía do rexime totalitario se filtra no día a día da poboación, Enciso tece un guión moi coidado no que conviven textos literarios (Max Aub, Alfonso Sastre, Luís Seoane, Rodolfo Fogwill, etc), memorias dos derrotados que ficaron no país e cartas de encarcerados, represaliados ou condeados a morte.

O filme de Eloy Enciso poderá gozarse desde o 5 de decembro en salas de todo o país con estrea xa confirmada na seguintes cidades galegas:

Santigo de Compostela - Cinema NUMAX
A Coruña - Yelmo Los Rosales
Ferrol - Cinema Dúplex
Lugo - Cines Códex
Vigo - Multicines Norte

Agardámoste!

Sinopse

Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Trailer Oficial







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es