Presentación do libro A Cultura e o asociacionismo cívico na Coruña. Entre a oficialidade e a resistencia (1936 - 1979) na Librería Lume (Rúa de Fernando Macías 3, A Coruña o día 11 de abril,

03/04/2019  

A Fundación 10 de Marzo compraceríase en que asistise vostede á presentación do libro A cultura e o asociacionismo cívico na Coruña.

Entre a oficialidade e a resistencia (1936 -1979).

Data: 11 de abril (xoves), ás 19:30 horas.

Lugar: Librería Lume. Rúa de Fernando Macías, 3, A Coruña

Participarán:

Ricardo Gurriarán (editor e director da Fundación 10 de Marzo)

Jose Manuel Sande (concelleiro de Cultura, Deportes e Coñecemento, e coautor)

Ana Romero Masiá (historiadora e coautora)

Xan María Castro (coautor e presidente da Fundación 10 de Marzo)

Neste acto, a Fundación 10 de Marzo vai render unha homenaxe ao activo militante antifranquista coruñés Enrique Veira, recentemente falecido.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es