10 DE MARZO. CCOO DE GALICIA: MEMORIA VIVA

01/01/1970  

A Fundación 10 de Marzo presenta a exposición 10 de Marzo. CCOO de Galicia: Memoria Viva, coa que se conmemoran os sucesos de Ferrol do 10 de marzo de 1972, nos que dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, morreron por disparos da policía no transcurso dunha manifestación na que esixían melloras laborais.

En aproximadamente trinta paneis, represéntase un percorrido pola historia de Comisións Obreiras de Galicia a través de documentos do sindicato: fotografías, panfletos, carteis, prensa clandestina, etc. Todos os documentos reproducidos están depositados no Arquivo Histórico do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, ao coidado da Fundación 10 de Marzo. Este Arquivo nútrese das achegas de documentación procedentes das distintas estruturas de CCOO amais doutras doazóns documentais persoais.

A exposición divide a historia de CCOO de Galicia en tres etapas: A nosa memoria histórica, que abrangue dende a fin da Guerra Civil ata a morte de Franco; Da clandestinidade á legalización, correspondente aos anos 1975-1977 e Organización sindical nacional e de clase, que principia coa constitución do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia en 1978 e chega ata os nosos días.

A documentación preséntase en paneis de cartón pluma, a maior parte deles de 70 x 80 cm.

Existe unha unidade didáctica, redactada por Ana Garrido e Francisco Magide.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es