Nova presentación do libro 'Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras' na Librería Lume ( A Coruña)

16/10/2017  


Artigos e entrevistas

O libro, editado en colaboración co Concello da Coruña, foi coordinado e editado por Ricardo Gurriarán e Luís Alonso, e forma parte da colección 'Testemuños' da Fundación 10 de Marzo.

Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras, trata de repasar a historia do movemento obreiro e o sindicalismo da cidade da Coruña desde finais do século XIX ata o remate da ditadura franquista.

Neste traballo recóllense diversos artigos de historiadores e especialistas na materia, como son Luís Alonso, Dionísio Pereira, Manuel G. Probados, Honorio Cardoso, Pedro de Llano, Víctor Santidrián ou Xan María Castro. Estas achegas compleméntanse coa publicación neste volume de entrevistas e conversas con sindicalistas e axitadores sociais protagonistas da loita antifranquista: Miguel Mourón —fillo de Nicasio Mourón—, Roberto Liñeira, Begoña Palacio, Manuel Bermúdez, Nicanor Acosta, Carlos Vázquez, Maximino Cacheiro, Manuel Lourenzo, Gonzalo Porto, Enrique Veira, Manuel Villares, Hortensia Álvarez, Xosefa ("Chefa") Hermo Ínsua.

No acto participarán Ricardo Gurriarán, coeditor e director da Fundación 10 de Marzo de CCOO, Xan María Castro, coautor e presidente da Fundación, Luís Alonso, coautor e coeditor, e José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2017 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es