O vindeiro xoves, 3 de agosto, ás 19:00 horas, presentarase na Caseta Central da Feira do libro (A Coruña) o libro Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións

28/07/2017  O libro Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras

O vindeiro xoves, 3 de agosto, ás 19:00horas, presentarase na Caseta Central da Feira do libro (A Coruña) o libro "Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras".

No acto estarán presentes:

Ricardo Gurriarán (coeditor e director da Fundación 10 de Marzo).

Luis Alonso (coautor e coeditor).

Xan María Castro (coautor e presidente da Fundación 10 de Marzo).

José Manuel Sande (concelleiro de Cultura, Deportes e Coñecemento).

Convite presentación libro "Apuntamentos históricos do movementos obreiro da Coruña. De Chacón as Comisións Obreiras".

O libro Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras, trata de repasar a historia do movemento obreiro e o sindicalismo da cidade da Coruña desde finais do XIX ata o final do franquismo. 

No líbro recóllense diversos artigos de historiadores e especialistas no tema (Luis Alonso, Dionísio Pereira, Manuel G. Probados, Honorio Cardoso, Pedro de Llano, Víctor Santidrián, Xan María Castro) e complétase cunha serie de entrevistas/conversas con sindicalistas e axitadores sociais protagonistas da loita antifranquista (Miguel Mourón, fillo de Nicasio Mourón, Roberto Liñeira, Begoña Palacio, Manuel Bermúdez, Nicanor Acosta, Carlos Vázquez, Maximino Cacheiro, Manuel Lourenzo, Gonzalo Porto, Enrique Veira, Manuel Villares, Hortensia Álvarez, Xosefa Hermo Ínsua).

O libro foi coordinado e editado por Ricardo Gurriarán e Luís Alonso e está publicado pola Fundación 10 de Marzo na colección Testemuños coa axuda do Concello da Coruña.

La Opinión A Coruña







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2017 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es