A Fundación 10 de Marzo presenta a segunda edición do libro

18/05/2017  

José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela é a biografía dun personaxe clave na historia de Santiago e de Galicia, na historia do movemento obreiro compostelán e galego. Resulta, por esa mesma razón, unha biografía que supera a vida do personaxe estudado, o que é unha característica das mellores investigacións biográficas. Por iso, polas páxinas desta memoria do proletariado militante pasean tanto os avatares vitais de Pasín Romero como os das organizacións obreiras (e outras moitas) da cidade.

O protagonista deste volume, José Pasín Romero, é peza fundamental dunha familia indisolublemente vencellada á Compostela do século XX. Unha familia, a dos Pasín, defensora dos dereitos das clases traballadoras, construtora de cidadanía. E custoulles caro o seu compromiso cívico: a barbarie que asolou o país dende o 18 de xullo de 1936 non llelo perdoou. Mais a represión franquista non arredou o compromiso dos Pasín coas liberdades, como puxo de manifesto a militancia antifranquista, dende as ringleiras do Partido Comunista, doutro Pasín, Luís, fonte imprescindible para o labor de Dionísio Pereira no proceso de escritura deste libro. Vaia tamén o agradecemento da Fundación 10 de Marzo pola xenerosidade de Luis Pasín Liñares, auténtica memoria viva de Compostela.

Agradecemento á Deputación da Coruña, que nos últimos anos entendeu e apoiou os labores da Fundación 10 de Marzo. José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela, de Dionísio Pereira, é unha mostra máis dese apoio.

Retallo de prensa Faro de Vigo







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2017 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es