Libro Facsimil

25/02/2004  Edición ao coidado de Victor Santidrián

O libro" Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero. Campo de prisioneros de Lavacolla. Prisión de Santiago de Compostela 1939-1940", editado pola Fundación 10 de Marzo, en colaboración cos concellos de Santiago de  Compostela e de A Coruña e o Centre d´Estudis sobre les Époques Franquista i Democrática (CEFID), da Universitat Autònoma de Barcelona, presenta en forma facsimilar o diario dun soldado republicano de militancia socialista que acadou durante a Guerra Civil española o grao de tenente do Exército Popular. Por este feito, pasou varios meses no campo de concentración de Lavacolla, un ano na cadea de Santiago de Compostela e, finalmente, tivo que prestar servicio militar no exército franquista, encadrado nun batallón disciplinario destinado en Ceuta. O seu diario, documento único no seu xénero.

 O diario, presentado en forma facsimilar, está contextualizado por unha semblanza biográfica de Casimiro Jabonero, redactada polo seu fillo Mariano. O volume inclúe, ademais, un estudio sobre o sistema concentracionari o en Galicia, da man de Víctor Manuel Santidrián Arias, tamén autor da transcripción anotada do diario, así como a reproducción de documentos relacionados cos batallones disciplinarios de soldados republicanos que traballaron como prisioneiros na ampliación do aeroporto de Lavacolla na primeira metade dos anos corenta do século XX.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es