Libro Homenaxe "Benedicto. Polo mar da liberdade"

18/06/2014  Edición ao coidado de Ricardo Guirriarán

Hai uns meses, un grupo de amigos e amigas de Benedicto propúxonos á Fundación 10 de Marzo participarmos na organización dunha homenaxe. Dende a Fundación 10 de Marzo acollemos esta idea co maior entusiasmo. Benedicto é un home polifacético e merecente de recoñecemento por calquera das súas múltiples actividades. Unha delas tivo que ver, precisamente, coa creación desta Fundación, así que, como mínimo, queremos responder con gratitude colaborando neste recoñecemento.

Na súa etapa na dirección do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia exerceu un papel fundamental na renovación e a modernización do sindicalismo de clase: na apertura e a estabilización de marcos negociación e de relacións institucionais, nomeadamente na Adminsitración autonómica; na promoción de publicacións sindicais de gran calidade; na galeguización da imaxe corporativa de CCOO e na defensa e promoción do galego como lingua do sindicato.

Neste contexto, Benedicto foi un dos máis importantes impulsores da Fundación 10 de Marzo coincidindo coa celbración, no ano 1992, do vinte aniversario dos acontecementos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, co obxectivo de achegar unha sede de coñecemento da memoria histórica e de arquivismo da historia sindical.

Este volume só é unha parte da homenaxe que culminará nun acto que se celebrará no Teatro Principal o 26 de xuño. A Fundación 10 de Marzo quere expresar o seu agradecemento aos escritores, artistas, amigos e amigas que colaboraron con tanta xenerosidade nesta edición. Permítasenos unha mención especial á contribución e empeño de Jacobo Bermejo ao frente de Tórculo, sen o cal non se podería levar a cabo esta edición".

Fundación 10 de Marzo







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es