Libro

11/12/2013  

"Estes artigos poden lerse, xa que logo, como un libro de Historia (uns versan sobre temas puntuais, como unha campaña electoral; outros analizan tendencias a máis longo prazo) pero tamén, outra vez a lucidez de Anxo Guerreiro, como un libro de actualidade política. A súa publicación é unha pequena homenaxe a Geluco e ao seu legado de optimismo, optimismo de Terra Prometida, optimismo da vontade -tan gramsciano el- fronte ao pesimismo da razón".

Breve fragmento da introdución do libro a cargo de Víctor Manuel Santidrián Arias







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es