O ensino na II República (1931-1936)

01/01/2006  

É xa coñecida a enorme importancia que dende moitos puntos de vista tivo a política educativa desenvolvida durante a II República. Aínda que os antecedentes desa política se atopan nos anos anteriores ó 14 de abril de 1931, foi precisamente no período republicano cando se deron os avances máis importantes. Por estas razóns, a Fundación 10 de Marzo presenta a exposición itinerante sobre A educación na II República (1931-1936).

Trátase dunha mostra sobre as formulacións educativas da II República dende a súa proclamación en 1931 ata a imposición da dictadura franquista en 1939. O espacio xeográfico ó que se cingue está enmarcado polas innovacións legais proclamadas polos gobernos republicanos e a súa aplicación en Galicia.

A exposición está baseada nunha gran cantidade de imaxes (carteis, fotografías, etc.) acompañadas de textos que permiten a comprensión desas imaxes. A grandes trazos, estará dividida en tres bloques de contidos: a situación precedente, a II República (1931-1936) e a Guerra Civil.

No que se refire ó período 1931-36, trátanse temas como as novas teorías pedagóxicas, o incremento de escolas, a coeducación, as novas promocións do profesorado, a cuestión lingüística, as misións pedagóxicas, a organización sindical do profesorado, etc.

O período da Guerra Civil está representado polas primeiras medidas tomadas polos sublevados nos territorios “liberados” como Galicia (purga do profesorado, normativa lingüística), enfrontadas ás que adoptou o goberno republicano nos territorios que seguía a controlar.

Tódolos materiais se presentan nuns vintecinco paneis rectangulares de cartón pluma enmarcado (70 x 80 cm), de tal xeito que non pesan e son fáciles de montar.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es