Biografrías Obreiras. Volume I. Antonio Blanco Carballo e Lorena Bustabad Hermida.

01/01/2011  

O laborioso traballo de recuperación da memoria histórica comezou no nao 2006, por iniciativa da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol, en colaboración coa Fundación 10 de Marzo, institución que se implicou de cheo neste proxecto desde os seus primeiros compases.

Naceu co fin de rescatar as biografías obreiras daqueles homes e mulleres vinculados ao mundo do traballo na ría, que tiveron un papel esencial na participación e fundación das Comisións Obreiras na comarca de Ferrol e, por extensión, en Galicia, que asemade asumiron un papel combativo e protagonista na resistencia antifranquista. Tratábase de recompilar testemuños, "fontes orais da militancia sindical en Ferrol".

Testemuños destes homes e mulleres, xentes traballadoras, do pobo, que rompendo as normas de obediencia debida e submisión que prevaleceron entre a maioría, fixeron soar as súas voces discordantes en contra das inxustizas da ditadura. É ben sabido que CCOO foi o sindicato que se arrepuxo ao franquismo con máis forza; por iso, todos nós temos unha débeda de recoñecemento público ao inxente esforzo e incalculable sacrificio dos homes e mulleres que loitaron polas liberdades, pola súa e pola nosa. Con este traballo, con humildade, aspiramos a evitar a perda desa valiosa memoria colectiva de Ferrol, que tamén o é de toda clase obreira galega.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es