Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo

22/03/2013  

O libro de Daniel Lanero Táboas, "Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo", contou coa colaboración da Fundación 10 de Marzo.

Este libro estuda un tema aínda máis presente na memoria colectiva da nosa sociedade que nos textos da historiografía contemporánea: a situación dos labregos e da Galicia rural durante a ditadura franquista. Asuntos moi trascendentes, que deixaron fondas pegadas no noso presente, como a destrucción da sociedade civil rural e a desmobilización política dos campesiños, a construcción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares ou a imposición sobre o noso agro dun modelo productivo alleo, a "Revolución verde", son tratados en profundidade nesta obra, recorrendo ao sindicalismo vertical franquista como fio condutor.

Limiar, por Lourenzo Fernández Prieto

Introducción

1ª parte: As bases do sindicalismo vertical franquista.

  • A construcción da armazón sindical franquista (1936-1945).
  • Liortas de "Familias": falaxistas vs. socialcatólicos polo control da O.S. agraria.

2ª parte: As "hermandades sindicales de labradores y ganaderos" en Galicia (1942-1977).

  • As "hermandades sindicales de labradores y ganaderos": O nivel local do sindicalismo agrario franquista.
  • Funcións e servizos das "hermandades sindicales de labradores y ganaderos".
  • A organización provincial e estatal do sindicalismo agrario franquista: a difícil superación da esfera local.
  • Caracterización sociolóxica do persoal das "hermandades sindicales de labradores y ganaderos".
  • Intervención do sector agrario e conflitividade institucional na Galicia da postguerra. As "hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos.
  • Sociedade civil rural e politización do campesiñado antes e despois de 1936.

3ª parte: As "hermandades sindicales de labradores y ganaderos" na política agraria do franquismo.

  • As "hermandades" e o plan agrícola de Galicia (P.A.G.)
  • Organización sindical agraria e política gandeira.
  • A organización sindical agraria e a política de colonización. O caso de Pontevedra.

Conclusións

Bibliografía

Índices








Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es