I Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

01/01/2009  

Os días 2, 3 e 4 de xuño de 1978 tivo lugar o congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

Moito antes, Comisións Obreiras nacera como movemento sociopolítico, defensor dos intereses dos traballadores e traballadoras, da loita polas liberdades e contra a ditadura, cunha actividade intensa e arriscada nos centros de traballo.

O 10 de Marzo de 1972, dous militantes de CCOO traballadores da empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, foron asasinados pola policía da ditadura franquista cando se manifestaban polos seus dereitos. Este feito levounos a acordar, naquel Primeiro Congreso, que o 10 de Marzo fose o Día da Clase Obreira Galega, data aceptada posteriormente por outras organizacións e entidades, mesmo polo Parlamento galego no ano 2006.

Polo tanto, xa na época do franquismo andabamos na loita polos dereitos dos traballadores e polas liberdades. 

En 1978 coidamos necesario constituírmonos como Sindicato Nacional de CCOO Galicia para seguir defendendo os intereses nacionais e de clase.

Estamos e seguiremos estando á beira dos traballadores, defendendo os seus dereitos, as súas liberdades, o cumprimento das leis e a superación das desigualdades.

Os retos que temos na actualidade son grandes, a actual crise económica non pode facer retroceder nos dereitos; pola contra, temos que consolidalos e amplialos no mundo desenvolvido e contribuír a conquistalos en países onde carecen totalmente deles e onde ser sindicalista pode supoñer a cadea ou a morte.

Nas vosas mans tedes un pequeno facsímile do máis salientable que aconteceu nese congreso fundacional do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Lembramos, coa celebración deste 30 aniversario, a nosa historia, que foi conflitiva e dolorosa, pero tamén honrosa e satisfactoria.


01 - Relación de delegados e composición das comisións

02 - Datos de afiliación

03 - Programa de traballo

04 - Estatutos aprobados no I Congreso

05 - Propostas delegacións - Membros– Listas

06 - Resultado das votacións das emendas aos estatutos

07 - Anteproxecto de estatutos de SNCCOO de Galicia 

08 - Folleto anteproxecto de programa mínimo do SNCCOO de Galicia

09 - Relatorio para o congreso das CCOO de Galicia sobre a problemática da  muller

10 - Folleto anteproxecto de programa do SNCCOO de Galicia - Marzo 1978

11 - I Congreso do SNCCOO de Galicia - Informe do secretariado saínte - Xuño 1978

12 - Recorte de prensa sobre I Congreso do SNCCOO de Galicia

13 - Actas da votación para elección de C.E. do SNCCOO de Galicia - 8 Xuño 1978

14 - Proposta ao congreso da delegación de Pontecedra sobre Ascón

15 - Cartolinas de voto

16 - Carta asinada por Waldino Varela Martínez

17 - Resultado votación relatorio de finanzas

18 - Carta de Gianni Donnini

19 - Informe de finanzas

20 - Telegramas

21 - Resultado votación relatorio programa e acción sindical

22 - Carta de Valentín Paz Andrade

23 - I Congreso de Comercio

24 - Acta notarial

25 - Resultado votación das emendas de organización

26 - Actas manuscritas do congreso

27 - Acta do I Congreso

28 - Varios

29 - Delegados

30 - Delegación de comisións mariñeiras

31 - Relación de delegados por Ourense

32 - Relación de delegados pola provincia de Pontevedra (I Congreso)- 30 Maio 1978

33 - Reconto de votos

34 – I Congreso da Federación de Ensino de Galicia

35 - I Congreso da federación de sanidade de Galicia

36 - I Congreso CCOO Ourense

37 - I Congreso CCOO Lugo

38 - I Congreso CCOO Coruña







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es