Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)

01/01/1961  

Dúas décadas despois da desfeita cultural e política provocada pola Guerra Civil, as primeiras asociacións culturais fundadas nas cidades e nas vilas de Galicia foron capaces de dar pasos pioneiros e determinantes para a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego, anunciando o que habería de ser o programa cultural desenvolto polo sistema autonómico constituído a partir da transición democrática. Para o rescate de aqueles valores, nun contexto histórico difícil que Celso Emilio alcumaría como unha "longa noite de pedra", foron necesarias moitas vontades e moitos esforzos xenerosos e solidarios daqueles que pensaron que era a hora de construír as bases dun programa cultural de noso para a Galicia do futuro.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es