Do "Gaudeamus Igitur ao Venceremos Nós". As mobilizacións estudiantís do 68 en Compostela, Fundación 10 de Marzo, 2008.

01/01/1968  

Mediados os anos sesenta do pasado século, a Universidade de Santiago de Compostela experimentou cambios de certa relevancia. Coincidindo co aumento do alumnado, prodúcese unha mudanza cualitativa no perfil do estudantado -nomeadamente fillos e fillas da pequna burguesía e do funcionariado- que afectou as raíces dunha institución ancorada na domesticación. Estes cambios carrearon unha emancipación da mocidade galega universitaria que desembocou num protagonismo de grande impacto, alcanzando cotas impensables no curso 1967/1968.

Enmarcada nas loitas antifranquistas que se desenvolvían noutras Universidades españolas, Compostela non ficou allea aos acontecementos de 1965, cando a conflitividade na ditadura acadaba máximos históricos en moitos sectores obreiros e intelectuais, logo das folgas e a contestación dos anos anteriores. A loita universitaria comezara a rearmarse tras as confrontacións de 1956, que desembocaran na caída da primeira iniciativa "aperturista" do réxime, protagonizada polo ministro Ruiz-Giménez. Os estudantes madrileños, fillos de vencedores e vencidos en comuñón, logo dun recuamento por mor da forte represión, iniciarían o camiño da contestación contra a ditadura e a prol da democratización da institución universitaria, da man da disidencia organizada e mesmo coa colaboración do falanxismo reconvertido. Este movemento había ter unha especial relevancia; consolidouse ao comezo dos anos sesenta, nomeadamente en Madrid, Barcelona e Valencia, onde a loita pola representatividade democrática foi o principal eixe de actuación, coa creación de sindicatos de seu á marxe da oficialidade.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es