Inmunda Escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela,1939-1968. Ricardo Gurriarán

08/04/2010  

"Inmunda escoria" foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura.

"Inmunda Escoria. A universidade antifranquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela, 1939-1968" nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega.

A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos -malia os impedimentos legais que amparan os tan "distantes" tempos do franquismo - e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes do conflito, Gurriarán analiza "o 68 galego", que protagonizou unha xeración cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nós.

A investigación arranca en 1939 e remata no curso 1967/68, cando as mobilizacións estudiantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente.

Inmunda Escoria enche un baleiro na historiografía e está chamado a converterse nun referente para os estudos sobre o antifranquismo.

Este libro inclúe un DVD con 50 entrevistas ás persoas que protagoniza







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es