Memorias Rotas [ A balada do comandante Moreno ]

27/09/2010  

Este documental é unha das poucas crónicas audiovisuais existentes referidas á Guerra Civil española en Galicia.

Outubro de 1937. Cae Asturias en mans do exército franquista. Cercados, os combatentes republicanos intentan fuxir por mar. Un grupo de loitadores antifascistas galegos, pertencentes ao Batallón Galicia e liderados polo anarquista José Moreno Torres, diríxense a Galicia perdéndose o seu rastro nos montes do Acevo.

Nin os seus familiares nin os seus compañeiros souberon nunca cal fora o destino deste grupo de homes. Con todo, e a pesar da represión que instaurou durante anos o franquismo, nos pobos próximos o Acevo comezou a circular un romance popular que daba conta dos seus últimos momentos.

Quen de nenos foron testemuñas daqueles sucesos, ou receptores dos relatos de quen os contemplaron, dan conta en MEMORIAS ROTAS do doloroso destino que no pobo do Acevo sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es