Homenaxe a Carmen Cervera monxa e maestra

12/04/2008  

O pasado 12 de abril do 2008, celebrouse en Santiago de Compostela o recoñecemento público a Carmen Cervera. Asistiron 140 persoas que lle expresaron o seu agarimo nun ambiente de gran emoción.

Carmen Cervera (“Cervi”) dirixiu a Residencia de Estudantes na Praza Roxa de Santiago, desenvolvendo este labor vocacional con tal carga de compromiso e de contidos éticos e progresistas que logrou transformalo nunha experiencia innovadora e solidaria no camiño á Democracia, e que permitiu que diversas forzas políticas e sindicais foran acollidas neste local cando aínda eran ilegais, celebrando nel as súas tarefas organizativas nun clima de serenidade e seguridade ata entón non conseguido. Carmen Cervera fixo sempre compatible coas súas crenzas e valores unha posición de compromiso democrático, unha defensa humanista das relacións sociais e sobre todo unha vocación de recoñecemento da igualdade nas relacións humanas. Os nosos compañeiros Lalan, Pillado e Torregrosa, participaron neste acto, e no seu nome e no da nosa Asociación fixeron presente a Carmen a gratitude polo seu traballo de sempre na procura dun mundo mellor, máis solidario e xusto.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es