Democracia Obreira. Órgao das Comisiós Obreiras de Lugo. Edición facsímile, Lugo, Fundación 10 de Marzo, 2002.

13/11/2002  

Dende a súa creación, hai xa máis de dez anos, a Fundación 10 de Marzo mostrou unha fonda preocupación pola recuperación da prensa cladestina das organizacións antifranquistas. Se así foi, débese a varias razóns: en primeiro lugar, pola importancia que esas organizacións ilegais lle outorgaban ós seus voceiros, unha das poucas vías que lles permitían dar a coñece-las súas opinións, os seus proxectos, as súas denuncias. Naquela opresiva sociedade franquista, "Le, discute, difunde" era unha consigna autenticamente subversiva. En segundo lugar, os boletíns clandestinos son unha fonte indispensable para o coñecemento do noso pasado. E, finalmente, a consevación desas fontes documentais constitúe para a Fundación 10 de Marzo un acto de recuperación da nosa memoria histórica.

Ese interese pola prensa clandestina traduciuse na creación dunha importante hemeroteca na que están depositadas case mil cabeceiras relacionadas con organizacións sindicais, políticas e cidadás; evidentemente, as que proceden das estructuras de Comisións Obreiras son as máis numerosas. Ademais, a Fundación 10 de Marzo decidiu recuperar algúns deses boletíns en formar facsimilar: en 1997 publicouse a colección completa de Vigo Obreiro, o periódico das CC.OO. de Vigo. Un ano despois apareceu a Prensa Clandestina de Comisións Obreiras da Coruña, que recollía Loite e Loita Obreira. Coincidindo co Día da Clase Obreira de 1999, a Fundación 10 de Marzo editou 10 de Marzo, de Comisións Obreiras de Ferrol.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es