Castelao. Cuadernos para el Diálogo. Colección Los Suplementos, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Universidade de Santiago de Compostela, 1999.

13/07/1999  

Para os mozos e as mozas da miña promoción, que entramos na Universidade en 1967 e finalizámo-lo noso doutoramento contra 1976, en plena transición á democracia, houbo dúas publicacións periódicas de referencia, tanto no terreo político como no ideolóxico e cultural. Estoume referindo ó semanario Triunfo e a Cuadernos para el Diálogo, que ademais da súa aparición periódica regular como revista aportábanos outros materiais imprescindibles para satisfaceren o noso anceio de liberdade intelectual: a serie "Divulgación universitaria" e a colección "Los Suplementos".

Precisamente no ano da morte de Franco aparecía o número 58 daqueles suplementos, adicado á figura de Daniel Rodríguez Castelao e compilado por Xesús Alonso Montero, mestre da palabra e do compromiso cívico, que se fixo cargo desta tarefa a raíz dunha mesa redonda sobre o escritor, artista e político galego realizada en Santiago de Compostela o ano anterior.

LIMIAR por Darío Villanueva

ÍNDICE

Limiar, por Darío Villanueva

Por Fundación 10 de Marzo

Castelao en Cuadernos para el Diálogo, por Pedro Altares

Comentario a "Palabras previas", por Xesús Alonso Montero

Comentario a "Castelao y Galicia: 1916-1920", por Xesús Alonso Montero

Depois de medio século, por Alfonso Álvarez Gándara

Como vía as cousas hai 25 anos e como as vexo hoxe, por Isaac Díaz Pardo

Tempo de mestres, por Manuel Lourenzo







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es