Xesús Alonso Montero, Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Universidade de Santiago de Compostela, 1999.

13/10/1999  

Trátase de dous personaxes moi distintos, pero relendo o Pedro Petouto nesta nova edición, enriquecida polas artes de Xaime Quessada, que a Universidade publica conxuntamente coa Fundación 10 de Marzo, lembreime de Pinhas Solal, de alcume "Mangeclous", o "Comeclavos" do escritor xudeo, nado en Corfú, Albert Cohen. A memoria é caprichosa á hora de establecer conexións coma esta que non teñen por qué ser totalmente xustificadas ou incluso xustificables, pero reflexionando verbo da miña teima de irmandar o noso labrego, que viviu na segunda metade do século pasado, con este sefardí paroleiro e pillabán de Cohen, atopei cando menos dúas posibles ligames entre eles.

A primeira, e máis evidente, é a cración por parte de ámbolos dous dunha universidade popular, que Pedro Petouto institúe en Noceda cando a sega do 1890 para dignifica-la cultura do pobo e, a través da súa revelación, inspira-la rebelión contra as inxustizas e desigualdades, e a "Universidade Superior e Filosófica de Cefalonia" que Mangeclous inventa e fai funcionar tamén na cociña da súa casa daquela ficticia illa mediterránea.

Mais, tanto Pedro Petouto como Pinhas Solal alentan, coas súas invencións e argalladas, senllos obxectivos políticos; aquel vén ser un dos pioneiros do socialismo utópico en Galicia e este traballa arreo, desde o seu desenfado, pola liberación do pobo xudeo e o logro dun país propio no seo da Terra prometida.
Albert Cohen sitúa a acción das súas novelas centradas na familia Solal nos anos trinta, antes do holocausto, aínda que parte delas foran publicadas tres decenios máis tarde. Xesús Alonso Montero, pola súa parte, rescata testemuños biográficos e literarios —diálogos, cantigas, cavilaciós— do seu héroe decimonónico, o "mestre subversivo" Pedro Petouto, para publicalos en 1975, hai agora, pois, case que un cuarto de século, no contexto do final do franquismo, e faino como un renovado alegato a prol da liberdade.
O propósito do autor naquel entón segue e seguirá sendo válido. A epifanía da cultura popular como cerne da dignidade das persoas. É por iso que este proxecto da Fundación 10 de Marzo é compartido pola Universidade de Santiago de Compostela, na que Xesús Alonso Montero profesa como mestre de filoloxía coa mesma "radical incisividade" que caracterizaba o seu apócrifo. Universidade na que tan apreciados son os dous artistas ilustradores do texto literario, Xaime Quessada e José Luis de Dios, e onde Pedro Petouto, segundo o seu biógrafo e editor Alonso Montero, malia o seu afastamento da Facultade de Dereito, "andaba mesturado cos estudiantes máis inquedos", e mesmo chegara a participar, xunto a eles e os artesáns de Compostela, no famoso banquete da carballeira de Conxo.

Darío Villanueva
Rector da USC



ÍNDICE

Presentación, por Darío Villanueva

Presentación, por Xesús Díaz Díaz

Algúns xuízos sobre Pedro Petouto, por Fundación 10 de Marzo

Prólogo á edición de 1999, por Xesús Alonso Montero

Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo. Edición de 1974

Adicatoria
A modo de adianto
I. Datos para a vida de Pedro Petouto
II. Novas de Pedro Petouto
III. Máis novas sobre Pedro Petouto
IV. Pedro Petouto, fistor
V. Pedro Petouto: a gramática e os dereitos do traballador
VI. Pedro Petouto no Banquete de Conxo
VII. Pedro Petouto e Miguel de Unamuno
VIII. Pedro Petouto no segundo enterro de Rosalía de Castro
IX. Lección incompleta
X. Outra lección incompleta
XI. Cavilacións soltas
XII. Da morte de Pedro Petouto
XIII. Pedro Petouto, ¿apócrifo?


Índice xeral

Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo. Catro capítulos publicados entre 1976 e 1984

XIV. San Froilán de 1904: Pedro Petouto escribe unha carta
XV. O que diría Pedro Petouto ós seus alumnos se vivise en 1976
XVI. Faíscas na noite
XVII. Filoloxía: Unha carta de amor

Notas bibliográficas

Índice de nomes e persoas







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es