10 de Marzo. Órgano de las Comisiones Obreras de El Ferrol, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo, 1999. Edición ó coidado de Guilleromo Llorca Freire.

12/07/1999  

O voceiro 10 de Marzo das Comisións Obreiras de Ferrol, aparecido en marzo de 1973, non é, nin moito menos, un raro exemplar xornalístico saído do maxín do proletariado, senón que é o continuador dunha longa e rica tradición publicitaria do movemento obreiro ferrolán, que se remonta ó ano de 1871 cando sae á luz o semanario El Trabajo.

O editorial da portada do primeiro número fai unha lembranza daquela loita e deixa ben claro os seus obxectivos :

Se cumple en estas fechas el primer aniversario de la heroica lucha de los trabajadores de todo el pueblo de Ferrol, tras una larga lucha por un convenio de factoría. La Clase Obrera de Bazán, bajo la eficaz dirección de CC. OO., acrecentó la lucha ante el inmotivado despido de varios de sus más fieles representantes. Contra la Empresa y la policía desataron su ira en los sangrientos episodios de los días 9 y 10 de Marzo que culminaron con el ametrallamiento de las masas y el asesinato de Amador y Daniel. Pero no acabó en estas fechas la terrible represión antiobrera; siguieron a los asesinatos las detenciones, las torturas, las multas y procesos, los despidos, los intereses de la patronal, las listas negras, y la constante intimidación de los hombres más destacados con continuas citaciones a Comisaría, amenazas, ...

ÍNDICE

PRESENTACIÓN por Alcalde de Ferrol

O 10 DE MARZO EN BRANCO E NEGRO POR José Rego e Esteban Vázquez.

O 10 DE MARZO NO CONTEXTO DA PRENSA OBREIRA DE FERROL por Guillermo Llorca Freire.

1. O AGROMAR DA PRENSA OBREIRA.

2. AS DIFICULTADES DA ÉPOCA DA RESTAURACIÓN.

3. A DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA: A REPRESIÓN DA PRENSA OBREIRA.

4. O FLORECEMENTO INFORMATIVO DO PERÍODO REPUBLICANO.

5. A PRENSA CLANDESTINA ANTIFRANQUISTA.

6. BIBLIOGRAFÍA.

A PRENSA FERROLÁ NO OCASO DO FRANQUISMO por Germán Castro.

ENTREVISTA CON FRANCISCO GONZÁLEZ, PACO BALÓN.

FACSÍMILE DE 10 DE MARZO. ÓRGANO DE COMISIONES OBRERAS DE FERROL

ÍNDICE DE CONTIDOS DO 10 DE MARZO por Guillermo Llorca Freire.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es