Carme Alvariño Alejandro e outros (2008), Vida cotiá no primeiro franquismo. En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

12/05/2007  

A Guerra Civil tivo uns efectos demoledores na vida dos españois. Iniciouse unha ditadura de carácter persoal. Franco gobernou con man dura, reprimiu contundentemente calquera intento de restaurar o réxime democrático e nunca procurou a reconciliación cos derrotados. Un millón duascentas mil persoas sufriron directamente os efectos da guerra en forma de morte, represión, emigración ou presidio.

Os tres anos de conflito armado provocaron o afundimento económico nacional: débedas contraídas coas potencias colaboradoras, destrución de gran parte do parque de vivendas e obras públicas, colapso dos sectores primario e secundario, redución da poboación traballadora, todo o cal xerou un forte aumento dos desequilibrios sociais, que irán arrequecendo cos anos: racionamento de alimentos, contros de salarios...

Socialmente consolídase o poder das clases vencedoras no conflito. A oligarquía financieira e industrial, os terratenentes, o Exército, a Igrexa... exercerán o poder político e económico durante todo o período. A fin da guerra trouxo consigo a imposición da ideoloxía dos vencedores a través de diferentes medios que se complementaban entre si: a propaganda política, a actividade relixiosa, o control educativo e cultural e a instrucción militar.

O material que aquí presentamos, que acompaña a exposición Vida Cotiá no Primeiro Franquismo, achega ao profesorado unhas propostas didácticas que teñen como obxectivo facilitar o proceso de aprendizaxe deste período da historia.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es