
Francisco Antonio Pérez Otero. O protagonismo feminino na inmigración en Galicia e España no tránsito do século XX ao XXI. Santiago 2011.
Dado que as circunstancias mudaron e que cada vez é maior o número de persoas que dende os puntos máis variados do planeta chegan ata xunta nós para tentar acadar unhas mellores condicións de vida, tanto para eles como para os seus, faise de todo punto necesario abrirse ao coñecemento dun novo termo: inmigración. Tense escollido os casos de España e de Galicia como marcos territoriais delimitadores da investigación que se pretende desenvovler porque, se ben a emigración foi sempre sinal de identidade destes espazos, na actualidade estamos a converternos en lugares de recepción neta de inmigrantes.
Optouse por realizar un traballo no que se ten en conta todos os protagonistas, tanto aos homes como ás mulleres, para tentar coñecer un pouco mellor as circunstancias específicas nas que estas se trasladan dun país a outro e para contribuír a outorgarlles a importancia que sempre tiveron e que nunca se lles concedeu no eido das migracións, e deste modo facelas un pouco máis visibles.
© 2013 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es