Estudo sobre a mobilidade no polígono de Pocomaco

21/03/2010  

Jorge García Arribas. Estudo sobre a mobilidade no polígono de Pocomaco. Santiago 2010.

Comisións Obreiras presenta un novo documento para o debate social sobre un tema tan importante como o da mobilidade das persoas na área metropolitana da Coruña. Neste caso é un estudo sobre a mobilidade de traballadores e traballadoras do Polígono de Pocomaco, que evidencia as notables carencias no sistema de transporte e apunta as posibles solucións.

As liñas xerais das conclusións deste primeiro documento sobre a mobilidade nos polígonos industriais ou comerciais son extrapolables aos demais da nosa comarca, cuxos traballadores e traballadoras son vítimas das insuficiencias, incapacidades e desidia dos poderes públicos para pór en marcha sistemas racionais e de desenvolvemento sostible que contribúan á saúde e o benestar da poboación.

As conclusións deste estudo deben axudar a resolver un sistema caótico, caro e agresivo co medio, baseado na utilización masiva do vehículo particular, que ademais contravén as políticas de mobilidade da Union Europea.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es