Fortalezas e debilidades da economía galega fronte á crise.

21/03/2009  

Santiago Lago Peñas, Xaime Barreiro Gil, Melchor Fernández Fernández, José Colino Sueiras, Guillermo Sánchez Vilariño e Maica Bouza Seoane. Fortalezas e debilidades da economía galega fronte á crise.

A gravidade da crise da economía española ven determinada, entre outras causas, por factores como un forte endebedamento interno das economías domésticas e empresas financiado case na súa totalidade dende o exterior.

Os préstamos hipotecarios son a orixe das dúas terceiras partes da débeda total da economía española. Esta posición limita as posibilidades de renovación do endebedamento e polo tanto, as posibilidades de incrementar o consumo e a inversión.

A isto se suma un avultado déficit co exterior (10,2% do PIB no 2007) reflexo da perda de cota interna e externa de mercado, é dicir, da competitividade (saldo negativo da balanza comercial: -6.3% do PIB no 2007) e maiores pagos para retribuír as inversións en activos españois dos extranxeiros en España (sando negativo da balanza de rendas: -3,1% do PIB).

Todo isto levará consigo un incremento na morosidade bancaria polo efecto combinado da perda de emprego e a devaluación no valor dos activos inmobiliarios.

Por outra parte vimos escoitando a controversia no terreo da política se Galicia está ou non en mellores condicións de facer fronte a crise económica e as súas consecuencias que noutras comunidades.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es