Vivenda e Mercado de Traballo

21/12/2008  

Miguel Ángel García Díaz, Xerardo Estévez Fernández, Pedro Parra Macía e Encarna Otero Cepeda. Vivenda e Mercado de Traballo. Santiago 2008.

A vivenda veu sendo obxecto dunha atención moio relevante na actividade social, económica e política da nosa comunidade nos últimos tempos.

Por unha parte, a necesidade de vivenda e as dificultades para acceder a ela están a condicionar a mobilidade do mercado de traballo e a emancipación da xente nova, así como as posibilidades dos traballadores e traballadoras inmigrantes de acadaren unhas condicións de vida dignas.

Por outra, o enorme desenvolvemento que tivo na última década o sector da construcción, para ben ou para mal, converteuno nun dos motores da nosa economía. Ese desenvolvemento atraeu o investimento de capitais a este sector, posiblemente en detrimento doutros. A súa intensidade viu parella a un incremento dos prezos, o que fixo a vivenda cada vez máis inaccesible para as economías modestas.

Esta actividade ocasionou, e segue a ocasionar, tensións políticas, especialmente no eido municipal polas amplas competencias dos concellos, polas repercusións nas facendas locais e, tamén hai que dicilo, polos problemas de corruptela política que estivo xerando nalgunhas ocasións ao seu redor.

Para falar de todo isto e doutros aspectos relacionados co tema, a Fundación 10 de Marzo convocou, no seu día, esta xorndada. Hoxe, cando saen publicados os materiais, moitas das previsións que se facían nela, lamentablemente se cumpriron, especialmente as relativas aos problemas que xeraría a excesiva dimensión económica que estaba a ter o sector inmobiliario na nosa economía.

Perto tamén moitas das análises e propostas que alí se fixeron seguen a ter plena vixencia e, lamentablemente, segue a ser necesario demandar cambios nas políticas que se veñen aplicando, como alí se apuntaba. 







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es