Reforma do Estatuto de Autonomía

21/12/2006  

Xosé Luis Barreiro Rivas, Anxo Guerreiro Carreiras, Carlos Aymerich Cano, Ramón Máiz Suárez e Roberto Blanco Valdés. Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia. 2006

A revisión do Estauto de Autonomía  de Gaicia vén marcando a axenda política da nosa comunidade nos último tempos. As forzas políticas presentes no Parlamento de Galicia teñen asumida e defenden a necesidade dun novo Estatuto para Galicia. Por outro lado, estamos no 25 aniversario da aprobación do actual Estatuto, e xa pasou tempo abondo para poder facer unha valoración serena das súas potencialidades e das súas eivas, que permita abordar o novo Estatuto á luz desta experencia.

O obxectivo da xornada que convocou no seu día a Fundación 10 de Marzo foi someter a reflexión crítica a actual situación e apuntar propostas de futuro, dende a perspectiva de Galicia e tendo presentes os intereses da nosa comunidade. Para este fin, invitou a participar diversas personalidades que conformaran un abano plural de oponións e, na medida do posible, non directamente implicadas no debate político.

Desde que tivo lugar, o debate da reforma sufriu diversos avatares, e no momento de pecharmos a edición hai serias dúbidas de que cheguen a bo porto, ata o punto de que estes días Xosé Luis Barreiro sinalaba dramaticamente, na súa columna de opinión, que o estatuto cae a cachos. 







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2018 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es