Eu son eu e a miña memoria. O problema moral de recordar e o dereito á memoria.

10/03/2009  

Ampla relación de testemuños sobre o pasado histórico do noso país contados por boca dos seus protagonistas, persoas, a maioría, de idades avanzadas que reproducen a través da súa memoria o que lembran daqueles tempos. Case todos eles naceron ou viviron en aldeas, lugares e parroquias próximas a Santaigo de Compostela. Pero tamén os hai doutras áreas galegas, e mesmo de fóra do país, o que se traduce nunha obra de grande riqueza dialectal.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es