
O próximo venres, día 27 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no Centro Comarcal de Valdeorras (Casa de Río Cigüeño) a presentación da exposición <>, composta polos fondos que a súa familia legou á Fundación 10 de Marzo.
Na presentación desta exposición cronobiográfica intervirán Manuel Villares Creo, presidente da Fundación 10 de Marzo, Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras e José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.
Santiago Álvarez, valdeorrés de nacemento, foi secretario xeral do Partido Comunista de Galicia entre os anos 1968 e 1979. A través dos fondos que a familia doou á Fundación 10 de Marzo pódese rastrexar boa parte da historia do século, sempre desde a óptica dunha persoa comprometida como el foi.
CONVOCATORIA
Día: Venres, 27 de abril de 2012 Hora: 20:00 horas Lugar: Centro Comarcal de Valdeorras (Casa de Río Cigüeño) Asunto: Inauguración da exposición sobre Santiago Álvarez Intervirán: Manuel Villares Creo, presidente da Fundación 10 de Marzo, Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras e José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
© 2013 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es