V Ciclo de Cine e Historia. En Transición. Nova Escola Galega e Sine Nomine, en colaboración coa Fundación 10 de Marzo

12/10/2011  

As asociacións de profesores Nova Escola Galega e Sine Nomine, en colaboración coa Fundación 10 de marzo, organizan un ciclo destinado a ensinantes que mostrará e explicará a Transición democrática española a través do cine baixo o nome "V Ciclo de Cine e Historia. En Transición".

A proxección de filmes e as conferencias de especialistas e testemuñas da época son os instrumentos propostos para analizar a mitificada transición democrática española. O paso d Ditadura á democracia esqueceu ás vítimas do franquismo e a conquista de dereitos e liberdades foi un proceso duro e violento, lonxe do idílico consenso: a democracia gañouse nsa rúas, e deixou moitos conflitos sen resolver.

No desenvolvemento da actividade, cada documental vai acompañado dunha conferencia impartida por persoas expertas na materia, capaces de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase. De cara ao alumnado tamén se entregará material didáctico que facilite a preparación da clase correspondente.

OBXECTIVOS:

1. Poñer da manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual.

2. Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.

3. Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.

4. Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.

5. Actualizar coñecementos e presentar un estado de cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.

6. Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.

Entre os filmes que se verán atópanse:

  • 20 años no es nada, de Joaquín Jordá
  • Septiembre del 75, de Alberto Dufour
  • Fronteiras, de Rubén Pardiña

E entre os conferenciantes:

  • O Sindicalista Rafael Pillado.
  • A irmá de Xosé Humberto Baena, vítima da represión franquista, Flor Baena.
  • Mónica Bar, investigadora do feminismo galego.

A actividade desenvolverase en cinco sesións (13,19,20 e 26 de outubro, e 3 de novembro) na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Norte).

Programa do V Ciclo de Cine e Historia







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2021 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es