Vida cotiá no segundo franquismo

01/01/2009  

A exposición Vida cotiá no segundo franquismo presenta os aspectos máis salientables para coñecer cal foi o impacto da ditadura sobre a vida da cidadanía entre 1959 e a morte do xeneral Franco.

Malia que Vida cotiá no segundo franquismo está concibida como unha mostra que ofrece informacións para facer comprensible o período, a exposición é continuación doutra, tamén producida pola Fundación 10 de Marzo . Estes dezaoito paneis salientan as continuidades pero tamén as transformacións que viviu a nosa sociedade, razón pola cal a estrutura da información non é idéntica á ofrecida anteriormente. Algúns aspectos ocupan menor espazo e só se citan para destacar as modificacións respecto á primeira fase do franquismo.

Vida cotiá no segundo franquismo comeza cunha reflexión sobre a economía —o Plan de Estabilización de 1959 é o que marca a división do franquismo— e a súa repercusión na actividade laboral. A pesar do crecemento económico dos anos sesenta, o país botou centos de milleiros de cidadáns á emigración. Outros paneis falan do impacto do turismo, da chegada da televisión, da transformación das cidades ou da mudanza nos hábitos e costumes. Finalmente, unha parte da sociedade engrosa as filas da oposición antifranquista, que sufriu, ata a morte do ditador, os gadoupadas da represión. 

A exposición ten unha unidade didáctica. 







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es