O Guerrillero

30/04/2011  

A FUNDACIÓN 10 DE MARZO  presenta o libro Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido, de Francisco Martínez López, Quico. O autor estará acompañado de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC, e Víctor Manuel Santidrián Arias, da Fundación 10 de Marzo. O acto terá lugar ás 19.00 h. do martes 3 de maio na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6; Santiago de Compostela).

Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido é o relato personal de Francisco Martínez López, Quico, sobre a súa participación primeiro na Federación de Guerrillas León-Galicia e, despois, no Ejército Guerrillero Galicia-León (1936-1952).

Na segunda parte do libro, Martínez López relata as súas vivencias no exilio francés e a súa militancia no PCE. Reflexiona, ademais, dunha maneira crítica sobre o proceso de transición da ditadura á democracia e denuncia o pacto de silencio sobre o que foi a loita antifranquista.

O libro amplia unha achega anterior do autor, editada desta volta pola Asociación Guerra, Exilio e Historia del País Vasco coa subvención do Ministerio de Presidencia do Goberno de España.







Workers of the World é a revista editada pola Asociación Internacional de Folgas e Conflitos Sociais (Strikes and Conflicts International Association), da que é membro fundador e forma parte activa a Rede de Arquivos Históricos de CCOO. Esta revista pretende estimular o estudo do traballo e da conflitividade social dende unha perspectiva global e a longo prazo, transcendendo os enfoque nacionais ou conxunturais e adoptando, aí mesmo, un enfoque crítico e multidisciplinar.

© 2019 Fundación 10 de Marzo Vía Edison, nº 1 - C Polígono do Tambre 15890 - Santiago - Tfno. 981 574 082 - f10m.sn@galicia.ccoo.es